24/11/19

O colexio colabora no Concerto Solidario de Santa Cecilia (Landrove)

O coro do colexio foi invitado a participar no Concerto Solidario de Santa Cecilia  que organizou a Asociación "Pequenos Pasos" de Landrove e que tivo lugar na Igrexa de Landrove o sábado 23 de novembro. Os donativos foron entregados para a investigación do Cancro Infantil. O acto foi todo un éxito e a  Igrexa quedou pequena para acoller a todo o público que se solidarizou coa organización.
O cartel foi compartido co Coro Parroquial de Landrove, o Coro de adultos do Conservatorio, Escolma de Meus e Amigos do Fol.
As nenas e nenos do colexio, de 3º a 6º curso, fixeron unha actuación moi aplaudida por todo o público polo que temos que felicitalos e animalos a seguir disfrutando da música.     Noraboa!!!

A continuación deixámosvos o vídeo resumo da súa actuación



21/11/19

Apadriñamento Lector

Na Hora de Ler, o alumnado de Infantil e 1º curso tiveron un Apadriñamento Lector do alumnado de 2º e 5º curso.
Fixeron unha adaptación do conto popular "Garavanciño" coas seguintes persoaxes:
Narradora: Helena Goás
Garavanciño: Aurora Rodríguez
Nai: Sara Asmerón
Pai: Nelly Lourido
Boi: Andrés Vasile
O conto rematou coa canción: "Pachín, Pachín..." cantada polo alumnado de 2º curso.
Naroboa a todos!!! Fixéronno moi ben

20/11/19

Presentación dos Dereitos da Infancia 2019

O alumnado de 1º curso, xunto coa súa titora Rita e a mestra Lucía, prepararon unha presentación sobre os Dereitos da Infancia:
  • Elaboraron un gran mural e outros máis pequenos con debuxos e pictogramas onde se recollían algúns dos dereitos traballados na clase.
  • A presentación tivo lugar na Biblioteca do colexio para todo o alumnado de Infantil e 2º curso.
  • No seguinte vídeo recollemos un pequeno resumo.




Todos ao teatro!!!

 Dentro das actividades organizadas pola ANPA do colexio, no PROXECTO DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO,  na mañá do martes 19 de novembro estaba programada unha saída ao teatro, para todo o alumnado do centro.
A compañía GHAZAFELHOS puxo en escea a adaptación do libro "O país dos mandóns".
Un libro que traballamos moito no colexio para o fomento da igualdade entre nenas e nenos.

Recordamos, a través do seguinte vídeo, a adaptación realizada pola titora de 3º no curso escolar 2014-2015, Angélica Novo.



13/11/19

E agora O MAGOSTO!!!

 


No mes de novembro sempre celebramos a nosa Festa do Magosto

Estaba programada para o luns 11, DÍA DO SAN MARTIÑO, pero como deron mal tempo para toda a semana, decidimos celebrala hoxe no pavillón polideportivo do colexio facendo os xa tradicionais xogos e comendo castañas.
No primeiro turno participaron nos xogos todo o alumnado de Primaria, despois degustamos todos xuntos as ricas castañas asadas e por último foi o turno dos xogos para o alumnado de Infantil.

Fixemos unha pequena reportaxe fotográfica da Festa que queda recollida no seguinte vídeo:


5/11/19

Sabemos todo o que hai que saber sobre o peixe?


Hoxe tivemos a visita de Silvia Gil Chumillas, Técnica de Calidade e Seguridade Alimentaria, de FEDEPESCA.  Pola mañá,  o alumnado de 5º e 6º curso, participou dunha charla informativa con visualización de vídeos  e interactuaron facendo preguntas moi interesantes.
Xa pola tarde a charla estivo dirixida ás familias e persoal docente.

http://pescaverde.org/


http://pescaverde.org/informacion-fish4-kids/A base do proxecto é concienciar ás futuras xeracións da importancia da protección e recuperación da biodiversidade mariña para o consumo futuro de peixe; como podemos conservar os recursos biolóxicos; como o sector e as administracións traballan unidas para a limitación do impacto da pesca e a adaptación da mesma á protección das especies, todo iso sen deixar para comer peixe, é máis, dando unhas pautas de como se debe consumir este produto, e explicando o marco de control pesqueiro e protección do medio ambiente europeo.