6/6/20

5 de xuño: Día Mundial do Medio Ambiente

Ao igual que o ano pasado a OPP 77 PUERTO DE CELEIRO, S.A., en colaboración co noso coloxio, organiza unha serie de actividades dirixidas ao alumnado de 5º e 6º curso:

  • Taller educativo do medio ambiente mariño
    https://www.elprogreso.es/articulo/a-marina/escolares-celeiro/202006052115131442487.html

    Desenvolvemento da actividade
    11:30 horas: Conectamos coa plataforma
    Presenta a actividade Jesús Lourido en representación de PUERTO DE CELEIRO, S.A.
    Saúdo da Directora do CEIP de Celeiro, Rita Lamas
    11:45 horas: Ofrece a súa conferencia Zeltia López
    12:05 horas: Resposta as preguntas do alumnado
    12:15 horas: Inicio da conferencia de Isabel Riveiro, Montserrat Pérez e Maria Carmen Sainza
    12:50 horas: Respostan as preguntas do alumnado
    13:00 horas: Remata a videoconferencia
O alumnado que desexe participar deberá presentar un traballo con mensaxes de coidado do medio mariño e da pesca sostible, en técnica e formatos libres.
  • LER BEN AS BASES 
  • Requisitos e mecánica de participación.
    A participación no concurso é gratuíta, voluntaria e require do cumprimento dos seguintes
    requisitos:
    ✓ Acceder a videoconferencia do 5 de xuño
    ✓ Inscribirse co profesorado de cada aula
    ✓ Aceptar as bases do concurso
    ✓ Entregar en prazo o traballo co que se pretende participar

  • CONCURSO ESCOLAR MEDIO AMBIENTE MARIÑO (Edición 2020)

15/5/20

LETRAS GALEGAS 2020

Na seguinte páxina atopamos todas as actividades realizadas polas LETRAS GALEGAS
Premede na imaxe

https://sites.google.com/site/bibliotecaedlg20192020/letras-galegas-2020

23/4/20

DÍA DO LIBRO


Este ano o Día do Libro conmemorámolo dende as nosas casas. Por iso as mestras e mestres do cole quixeron agasallar a todo o alumnado cun conto moi popular dos irmáns Grimm: Os sete cabritos (unha adaptación de Tareixa Alonso & Teresa Lima).

  ACTIVIDADES NO COLEXIO por cursos

 
https://sites.google.com/site/diadolibro23deabril/

20/4/20

VÍDEO DE ENCONTRO: PROFESORADO E ALUMNADO DO COLEXIO

O domingo 12 de abril, lanzamos a proposta que podedes ler tamén na imaxe da dereita.
Trátase de que nos enviedes imaxes para logo realizar un vídeo colaborativo en recordo destes días de confinamento na casa.


ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!



2/4/20

DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

PREPARANDO O DÍA DO LIBRO INFANTIL

O día 25 de marzo a Bibliosoños propuxo esta actividade para conmemorar o Día do Libro Infantil e Xuvenil.
Participou o seguinte alumnado:
  • 4º Infantil: David, Carmen e Iria
  • 6º Infantil: Cristina
  • 1º Primaria: Antón, Paula
  • 2º Primaria: Nuno, Julia, Cristina, Mateo e Celia
  • 3º Primaria: Antía, Valeria
  • 4º Primaria: Laura
  • 5º Primaria: Bruno e Helena
  • 6º Primaria: Pedro Gil

NORABOA POLO VOSO TRABALLO, 
SODES UNS ARTISTAS!!! 

24/3/20

DÍA DA POESÍA E DA ÁRBORE

Xa temos o vídeo que realizamos con todos os traballos que se presentaron á proposta da BIBLIOSOÑOS:

IMOS SEGUIR TRABALLANDO... A BIBLIOSOÑOS PROPÓN...




Moitas gracias ás familias pola súa implicación. Temos que seguir traballando por iso animámosvos a que sigades as novas propostas que fará a BIBLIOSOÑOS

 

8/3/20

Conmemoramos o DÍA DA MULLER

http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/1294
O vindeiro 8 de marzo é o Día da Muller por iso no noso colexio durante esta semana fixemos actividades e traballos para fomentar a igualdade entre nenas e nenos, homes e mulleres e visualizar os seus dereitos.
Cada ano este día vai dedicado a unha muller relevante relacionada co Concello de Viveiro, pero este ano quixemos preguntar ás familias por esas mulleres que están no noso recordo e que foron parte fundamental da nosa sociedade por diversos motivos. A enquisa proporcionounos a figura de Dolores Salgueiro Fernández, "A Chitona".

  • Na Biblioteca elaboramos unhas pequenas presentacións: 



  • O seu fillo Vicente Míguez (exprofesor do colexio) impartiu unhas pequenas charlas para todo o alumnado dividido en dous grupos: Infantil, 1º e 2º curso e outro con 3º, 4º, 5º e 6º curso.
  • Tamén nos preparou unha pequena exposición con fotografías
  • Nas aulas tamén prepararon diversos traballos e murais


13/2/20

DÍA MUNDIAL DA RADIO

O 13 de febreiro celebramos o Día Mundial da Radio, unha efeméride oficial proclamada pola ONU en 2012. A radio é neste momento, o medio informativo máis emblemático e dinámico, a pesar dos avances e novos sistemas de comunicación que apareceron no último século. O obxectivo principal deste día é facer da radio un medio interactivo que propicie o debate para tratar distintos temas que interesan á colectividade. Ademais, a radio ten a vantaxe de chegar a lugares remotos, que non é posible mediante o uso doutras tecnoloxías máis modernas

Este ano o Día Mundial da Radio, celébrase baixo o lema: "Pluralismo, Representación e Diversidade" 

Aproveitando a radio escolar do noso colexio, a RUFO SOÑOS, e dado que no noso centro, desde xa vai moito tempo, temos alumnado, familias e profesorado doutros países como Venezuela, Brasil, Colombia, República Dominicana, Marrocos, Romanía, Portugal, Eritrea, Estados Unidos… e tamén doutras etnias e doutras confesións relixiosas… O equipo formado por Yeray, Nicolás, Mireya, Mar e Pedro Gil, prepararon un programa especial dedicado a esta celebración.
Contaron coa visita de MELISA LAURO, a nosa auxiliar de conversa, que procede de New Jersy; tamén coa nai de Patrik, IONELA MARCELA que procede de Romanía e por último tres compañeiros e compañeiras que leron uns poemas nas súas linguas natais.
Foi gravado este mesmo día agás a entrevista da nosa auxiliar de conversa, Melisa Lauro, dado que só está no noso colexio os luns e martes.
Tamén temos que contar que foi gravado en directo tendo como público ao alumnado de 6º curso.

Agradecemos a colaboración de todos os participantes



7/2/20

Viaxe cultural de 5º e 6º curso

Na xornada do xoves, 6 de febreiro os alumnos e alumnas de 5º e 6º curso puxeron rumbo á Santiago de Compostela para levar a cabo varias visitas:


5/2/20

Extraescolares: clases de pintura

A profesora de pintura Oliva cos seus alumnos e alumnas posan moi orgullosos do seus traballos rematados que levan para as casas. 
Moitas felicidades polos vosos cadros!


28/1/20

TODO SOBRE O DÍA DA PAZ

No blog especial do  DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA 
atopamos todas as actividades que fixemos para celebrar este día.

https://diaescolardapazenonviolencia.blogspot.com/2020/

23/1/20

Estamos estreando BIBLIOTECA NOVA

Como xa informamos na seguinte entrada do blog:

A nova Biblioteca do cole

a nosa BIBLIOTECA  cambiou de localización e durante os meses de novembro e decembro estivemos de mudanza . Todavía quedan cousas por facer pero xa vai tomando forma e quedounos moi acolledora e con moito máis espazo para as actividades.
Dentro de pouco presentaremos un vídeo onde amosaremos a NOVA BIBLIOTECA.

Na mañá do mércores, 22 de xaneiro, fixemos unha primeira actividade a modo de pequena inauguración entre o alumnado. As alumnas de 4º curso: Amalia, Paula, Antonella, Thaïs e Samaria, fixeron un Apadriñamento Lector coa lectura "Os trasnos zapateiros", un conto dos irmás Grimm, cunha adaptación e canción de Xosé Lueiro.
Fixéronno moi ben! e todo o alumnado de Infantil, 1º, 2º, 3º e 4º curso aplaudiron as actuacións.
No vídeo podemos ver un resumo da actividade: