13/2/20

DÍA MUNDIAL DA RADIO

O 13 de febreiro celebramos o Día Mundial da Radio, unha efeméride oficial proclamada pola ONU en 2012. A radio é neste momento, o medio informativo máis emblemático e dinámico, a pesar dos avances e novos sistemas de comunicación que apareceron no último século. O obxectivo principal deste día é facer da radio un medio interactivo que propicie o debate para tratar distintos temas que interesan á colectividade. Ademais, a radio ten a vantaxe de chegar a lugares remotos, que non é posible mediante o uso doutras tecnoloxías máis modernas

Este ano o Día Mundial da Radio, celébrase baixo o lema: "Pluralismo, Representación e Diversidade" 

Aproveitando a radio escolar do noso colexio, a RUFO SOÑOS, e dado que no noso centro, desde xa vai moito tempo, temos alumnado, familias e profesorado doutros países como Venezuela, Brasil, Colombia, República Dominicana, Marrocos, Romanía, Portugal, Eritrea, Estados Unidos… e tamén doutras etnias e doutras confesións relixiosas… O equipo formado por Yeray, Nicolás, Mireya, Mar e Pedro Gil, prepararon un programa especial dedicado a esta celebración.
Contaron coa visita de MELISA LAURO, a nosa auxiliar de conversa, que procede de New Jersy; tamén coa nai de Patrik, IONELA MARCELA que procede de Romanía e por último tres compañeiros e compañeiras que leron uns poemas nas súas linguas natais.
Foi gravado este mesmo día agás a entrevista da nosa auxiliar de conversa, Melisa Lauro, dado que só está no noso colexio os luns e martes.
Tamén temos que contar que foi gravado en directo tendo como público ao alumnado de 6º curso.

Agradecemos a colaboración de todos os participantes



No hay comentarios:

Publicar un comentario