Todas as actividades realizadas atopámolas na páxina especial de ROSALÍA DE CASTRO.
28/2/20
14/2/20
13/2/20
DÍA MUNDIAL DA RADIO
O 13 de febreiro celebramos o Día Mundial da Radio, unha efeméride
oficial proclamada pola ONU en 2012. A radio é neste momento, o medio
informativo máis emblemático e dinámico, a pesar dos avances e novos
sistemas de comunicación que apareceron no último século.
O obxectivo principal deste día é facer da radio un medio interactivo
que propicie o debate para tratar distintos temas que interesan á
colectividade. Ademais, a radio ten a vantaxe de chegar a lugares
remotos, que non é posible mediante o uso doutras tecnoloxías máis
modernas.
Este ano o Día Mundial da Radio, celébrase baixo o lema: "Pluralismo, Representación e Diversidade"
Aproveitando a radio escolar do noso colexio, a RUFO SOÑOS, e dado que no noso centro, desde xa vai moito tempo, temos alumnado, familias e profesorado doutros países como Venezuela, Brasil, Colombia, República Dominicana, Marrocos, Romanía, Portugal, Eritrea, Estados Unidos… e tamén doutras etnias e doutras confesións relixiosas… O equipo formado por Yeray, Nicolás, Mireya, Mar e Pedro Gil, prepararon un programa especial dedicado a esta celebración.
Contaron coa visita de MELISA LAURO, a nosa auxiliar de conversa, que procede de New Jersy; tamén coa nai de Patrik, IONELA MARCELA que procede de Romanía e por último tres compañeiros e compañeiras que leron uns poemas nas súas linguas natais.
Agradecemos a colaboración de todos os participantes.

Foi gravado este mesmo día agás a entrevista da nosa auxiliar de conversa, Melisa Lauro, dado que só está no noso colexio os luns e martes.
Tamén temos que contar que foi gravado en directo tendo como público ao alumnado de 6º curso.
Tamén temos que contar que foi gravado en directo tendo como público ao alumnado de 6º curso.
Agradecemos a colaboración de todos os participantes.
7/2/20
Viaxe cultural de 5º e 6º curso
Na xornada do xoves, 6 de febreiro os alumnos e alumnas de 5º e 6º curso
puxeron rumbo á Santiago de Compostela para levar a cabo varias
visitas:
5/2/20
Extraescolares: clases de pintura
A profesora de pintura Oliva cos seus alumnos e alumnas posan moi orgullosos do seus traballos rematados que levan para as casas.
Moitas felicidades polos vosos cadros!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)